Título_Animais
Autores
Luis Barreiro, Xabier Fernández, Nacho Gómez, Marcos Míguez, Carlos Puga, Eutropio Rodríguez, José Romay, Mónica Vila, Bernardo Villanueva, Xaquín Rosales
Lugar
Pazo de Torrado, Cambados
Inauguración
venres, 30 de setembro, ás 20 horas
Remata
domingo, 30 de outubro de 2011
Comisariado
Fotoxoguete
Coordinan
Carlos Puga e Xabier Fernández
Animais
Ás veces algúns fotógrafos coinciden nun lugar fotografando o que alí sucede. Poderiamos denominar ese lugar “pretexto”. Traballan no mesmo espazo e diante do que está a pasar. Cando un espectador ve unha fotografía, a iso que “está a suceder” e que aparece encadrado, denominámolo realidade e falamos dela coma se fose presente, misturando a intencionalidade do disparo coa sentimentalidade do observador, ou dito doutra maneira, o que sucedeu e as súas vivencias.
Fotoxoguete proponlle a un grupo de fotógrafos un tema común de traballo: os animais. Dalgún deles xa coñeciamos un traballo concreto e a outros convidámolos polo interese que espertaba en nós a súa obra. Todos aceptaron. Iso permítenos ter diante nosa unha serie de “textos”, non sempre fáciles na súa lectura, e cun uso de diferentes linguaxes, dende o documentalismo máis clásico, pasando por propostas conceptuais ou poéticas, ata un uso premeditado do que sería unha forma degradada da imaxe, xa sexa pola súa aparencia ou polo mecanismo de captura. Sirva isto para que nos deamos conta das múltiples visións que detrás dun “ollo educado” hai dun mesmo feito, dun mesmo lugar ou dun mesmo motivo.
Animais é unha exposición colectiva organizada e comisariada por Fotoxoguete.
Xabier Fernández
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario