miércoles, 5 de septiembre de 2012

3º obradoiro "xogando coa fotografía"

A fotografía é seria. Polo tanto, quitarlle a importancia á dificultade de facer unha fotografía, así como ó uso da cámara, é, cecáis, o interés deste obradoiro. O importante é coñecer e aprender a leer e ver as imaxes así como saber atopar o fío narrativo entre elas co fin de contar unha historia. Unha boa foto faina calquera. É mentira que as cámaras fagan boas fotografías. Son so un instrumento que se atopa diante do ollar dun espectador-creador. As chamadas cámaras pobres ou cámaras de xoguete sírvennos como excusa e incentivo para realizar este tipo de obra liberada de prexuizos e ataduras. Serán as que usemos neste obradoiro. E será tamén importante darnos de conta de que a fotografía poderiamos facela sen cámara algunha na man. Bastaría cunha mirada. Eso sí: unha mirada fotográfica. Unha cámara so capta un momento do que xa pasou. As fotos facémolas nos como creadores no presente, un instante antes de que o obturador se abra e a cámara mire o que nos lle ensinamos. Máis alá dunha simple foto fermosa propomos unha aprendizaje visual. Aquí, o que nos importa, é ir na procura dunha historia, un diálogo entre o mundo que se atopa fora e o noso mundo interior. As cousas están a espera da nosa mirada peculiar e cansas de instantáneas repetidas que fan referencia a fotógrafos que xa dixeron o que pensaban do que nos queremos imitar. Sexamos honestos: expresemos o mundo coa nosa mirada, coas nosas inquedanzas, coas nosas carencias. National Geographic non está á nosa procura. Este obradoiro está pensado como aprendizaxe para os que queiran crecer visualmente e atopar unha forma para transmitir os seus pensamentos e os seus sentimentos. En definitiva, para falar daquilo no que creemos e de como vemos o mundo. Xogar é aprender. Unha forma de vida sen a banalidade e o cansanzo visual que supón facer fotos de cotío con calquera aparello que traia unha cámara incorporada. Fronte a repetición e a broma, esculcar e buscar para intentar entender o que nos rodea. Este obradoiro será un camiño na apredizaxe da elaboración dun posible proxecto fotográfico, de cómo buscar imaxenes para contar algo que interesanos transmitir e unha vez que temos as imaxes, saber como enlazalas na procura dun bo texto fotográfico. Nota Con todo o traballo do obradoiro podería proporse unha proxección ou unha exposición.