martes, 1 de febrero de 2011

inauguración da exposición ""Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible"




Este xoves 3 de febreiro as 20.00 horas inaugurase a exposición ""Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible" na sala de exposicións do edificio da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, nº 43.

A exposición está organizada en colaboración por Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e é o resultado dun proxecto de sensibilización iniciado en 2009 para acercar á poboación galega o traballo que Amigos da Terra leva a ca bo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible.
As imaxes que integran esta mostra foron realizadas polo reporteiro de AGARESO Carlos Puga no marco dunha expedición realizada a Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten a xestión e uso desa área xeográfica, un ecosistema que destaca pola súa biodiversidade mariño-costeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario